File: //proc/self/root/usr/share/help/gl/gnome-help/report-ubuntu-bug.page
<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<page xmlns="http://projectmallard.org/1.0/" type="topic" style="task" id="report-ubuntu-bug" xml:lang="gl">
<info>
<link type="guide" xref="more-help"/>
<desc>Como e onde informar de problemas con Ubuntu.</desc>
<revision version="13.10" date="2013-09-19" status="review"/>
<credit type="author">
<name>Equipo de documentación de Ubuntu</name>
<email>ubuntu-doc@lists.ubuntu.com</email>
</credit>
<include xmlns="http://www.w3.org/2001/XInclude" href="legal.xml"/>
</info>
Se atopa algún problema en Ubuntu, pode enviarnos un informe de fallo.
<steps>
<item>
Prema <keyseq><key>Alt</key><key>F2</key></keyseq> e escriba ubuntu-bug nameofprogram
Se ten algún problema co hardware ou non sabe o nome do programa afectado, escriba ubuntu-bug
</item>
<item>
Despois de executar algunha das ordes anteriores, Ubuntu recopilará información sobre o fallo. Este proceso pode levar uns minutos. Se o desexa, revise a información recollida. Prema <gui>Enviar</gui> para continuar.
</item>
<item>
Abrirase unha nova lapela do navegador web para continuar procesando os datos do fallo. Ubuntu usa o sitio web <app>Launchpad</app> para xestionar os informes de fallo. Se non ten unha conta en Launchpad, precisará rexistrarse para enviar un informe e recibir novidades sobre o estado do fallo. Pode facer isto premendo en <gui>Crear unha nova conta</gui>.
</item>
<item>
Despois de acceder a Launchpad, introduza unha breve descrición do problema no campo «Summary».
</item>
<item>
Despois de premer <gui>Seguinte</gui> Launchpad buscará fallos similares no caso de que o fallo que envía xa fose comunicado. Se xa era un fallo coñecido, pode marcalo como tamén afectado. Pode subscribirse ao informe de fallo para recibir novidades sobre o progreso na súa solución. Se non era un fallo coñecido prema <gui>Non, preciso informar dun fallo novo</gui>.
</item>
<item>
Encha o campo da descrición coa máxima información posíbel. É importante que especifique tres cousas:
<list type="disc">
<item>
Que agardaba que ocorrese
</item>
<item>
Que ocorreu realmente
</item>
<item>
Se é posíbel, informe do número mínimo de pasos necesarios para reproducilo, o paso 1 sería «Iniciar o programa»
</item></list>
</item>
<item>
O seu informe obterá un número de ID, e o seu estado actualizarase a medida que avance a resolución. Grazas por axudar a mellorar Ubuntu.
</item>
</steps>
<note>
Se recibe o erro «Este non é un paquete xenuino de Ubuntu», significa que o software sobre o que está informando non está nos repositorios oficiais de Ubuntu. Neste caso, non debe usar a ferramenta integrada de Ubuntu para comunicar fallos.
</note>
Para máis información sobre a comunicación de fallos en Ubuntu, lea a ampla <link href="https://help.ubuntu.com/community/ReportingBugs">documentación en liña</link>.
</page>